Artigo 4. O papel das instituciÓns e dos axentes empregadores na integración de colectivos con especial dificultade de inserción: o exemplo de A Coruña. Plantexamento e obxetivos do proxecto Equal “Coruña Solidaria”.

 

Por Andrés M. González Enríquez Psicólogo Servicio de Orientación Educativa e Psicolóxica da Universidad de A Coruña e Isabel Novo Corti Profesora do Departamento de Análise Económico da Universidade de A Coruña.

 

Resumo: No presente documento desenrolase a descripción das líñas directrices do Proxecto Equal da Unión Europea posto en marcha na ciudade de A Coruña, baixo o nome de Coruña Solidaria. Así mismo, se reflexiona tanto sobor as bases socioecónomicas e obxetivos deste tipo de iniciativas, as variables implicadas no proceso de inserción, o papel dos membros da Asociación de Desenrolo, e os obxetivos básicos dos grupos de traballo creados para lograr o proceso de inserción.

 

Introducción

 

A política rexional comunitaria, tamén coñecida como política de cohesión económica e social, xurde no  seo da Unión Europea ca finalidade de reduci-las diferencias existentes entre as rexions e ten como obxetivo principal o de palia-las diferencias rexionais na Unión Europea, especialmente no  ámbito social e económico, e se concreta mediante a concesión de axudas concedidas ás zonas menos favorecidas, dispoñendo, para elo de instrumentos propios: os catro Fondos Estructurais e o Fondo de Cohesión. Anque inicialmente esta política non estaba prevista no  Tratado de Roma, na actualidade constitue unha política da máis alta relevancia no  marco da Unión Europea, especialmente si se dirixe a mirada ós anos vindeiros nos que se prevé a incorporación de novos países que vendrán a acrecenta-las disparidades rexionais que deberán ser correxidas.

A pesares de que como  sinalamos nos Tratados constitutivos non se facía mención algunha ás diferencias de riqueza estatais ou rexionais, o artígo 2 do Tratado Constitutivo da Comunidade Europea establecía que a Comunidade tiña por misión “promover un desenrrolo armonioso, equilibrado e sostible das actividades económicas no o conxunto da Comunidade”, Por este motivo, co obxeto de reduci-las disparidades, particularmente nos ámbitos sociais, sectoriais ou territoriais máis desfavorecidos, a Comunidade  adoptou instrumentos e accions que se foron consolidando, orixinando así a política de cohesión económica e social cuxa finalidade principal consiste na creación de condicións económicas e sociais, que permitan a tódalas rexions participar do crecemento económico no  mercado único europeo. Co Acta Única Europea, en 1986, se introduxo no  Tratado da CEE o título V sobre a "Cohesión Económica e Social".

Os fondos concedidos como axudas non reembolsables para promover o deserrolo e converxencia rexionais, así como as actuacións de tipo estructural, se distribúen mediante catro Fondos Estructurais (FE): O Fondo Europeo de Desenrrolo Rexional (FEDER) ten como obxetivo a corrección dos principais desequilibrios rexionais da UE. O Fondo Social Europeo (FSE) se ocupa da loita contra o paro, o aumento das posibilidades de emprego dos traballadores e a mellora do seu nivel de vida. O Fondo Europeo de Orientación e Garantía Agrícola (FEOGA) representa a parte estructural da Política Agrícola Común e ten por obxetivo millorar as estructuras agrarias así como os procesos de transformación e comercialización agrícola. O Instrumento Financieiro de Orientación da Pesca (IFOP) promove accións estructurais no sector da pesca e a acuicultura. Pola súa banda, o Fondo de Cohesión, creado en 1993, anque non ten carácter estructural, mostra repercusións importantes en dito senso, dado que a súa finalidade fundamental consiste en apoiar e  facilitar o cumplimento dos programas de converxencia económica para a Unión Económica e Monetaria, así como conceder axudas para proxectos de millora das redes transeuropeas de transporte e do medio ambiente ós estados menos desenrrolados da UE (cunha renda per. cápita inferior o 90% da media comunitaria.[1]

As axudas estructurais concedidas polos catro FE se encadran, normalmente, nunha programación plurianual que se articula en tres tipos de actuacións distintas: as Iniciativas Nacionais (representan o 93,5% dos recursos totais xestionados polos fondos estructurais) xestionadas polos estados membros e cuxos obxetivos principais son tres: Obxetivo 1) Promover o desenrrolo e axuste estructural das menos deserroladas. . España actúa nas Comunidades Autónomas que teñen un PIB per. cápita inferior o 75% da media comunitaria. Dispon do 69,7% dos recursos do FE (zonas españolas obxetivo 1, entre as que se atopa Galicia).

Obxetivo 2) promove a reconversión económica e social das zonas con dificultades estructurais nos sectores da industria e os servicios, as zonas rurais en declive, as áreas urbanas en dificultade e as zonas dependentes da pesca en situación de crise. En España o obxetivo 2 actúa en provincias que reúnen os criterios de elexibilidade (paro, descenso do emprego, paro de longa duración, pobreza elevada, alto índice de delincuencia, baixo nivel de educación, etc.) Dispon do 11'5% dos recursos dos FE (zonas obxetivo 2). Obxetivo 3): promove a adaptación e modernización das políticas e sistemas de educación, formación e emprego. Apoia a adaptación e modernización de ditos sistemas e políticas en todo o territorio comunitario (excepto nas zonas obxetivo 1). Proporcionará un marco de referencia política para tódalas medidas que se realicen a favor dos recursos humans no  territorio estatal, sin perxuizo das peculiaridades rexionais. Dispon do 12,3% dos recursos dos FE.

Comunitarias (representan o 5,35% dos FE), que consisten en actuacións concretas para reforza-la cohesión económica, que van dirixidas a resolver problemas de ámbito europeo. O segundo tipo de actuación consiste nas Iniciativas Estas iniciativas se centran en catro aspectos fundamentais: a promoción da cooperación transfronteiriza, transnacional e interrexional a través do programa INTERREG III (orzamento de 4.875 millóns de euros do FEDER). O fomento da cooperación transnacional para evitar calquera  tipo de discriminacións ou  desigualdades no  mercado laboral, mediante o programa EQUAL l (orzamento de 2.847 millóns euros do FSE). Promoción do desenrrolo rural a través do LEADER (orzamento de 2.020 meuros do FEOGA-Orientación) e o programa URBAN II (orzamento de 700 millóns de euros do FEDER) que potencia a rehabilitación económica e social das cidades e barrios en crise para promover así un desenrrolo urban sostible.

 

Finalmente, a actuación a través das Accións Innovadoras (0,04% dos fondos), xestionadas pola Comisión, que se centran  especialmente, na innovación tecnolóxica, a utilización das novas tecnoloxías da información e as actividades económicas, medioambientais e sociais, a través da promoción de proxectos innovadores dentro do marco estructural.

Por outra banda, a través dos Fondos Estructurais se  financiaron numerosos proxectos nas zonas españolas obxetivo 1 e 2 durante o período de programación 1994-1999 e se prevé a súa continuación no  período actual 2000-2006, para o fomento da Investigación e o Desenrrolo Tecnolóxico (I+DT) e a innovación, como  é un factor clave para o desenrrolo das rexións.

 

A iniciativa Equal

 

Os fondos Equal se destinan tanto a países membros da Unión Europea como a países candidatos a incorporarse na mesma, sendo o período de vixencia o tempo situado entre 01.01.2000 -31.12.2006.

Ámbitos de actuación de EQUAL[2] se dirixen a financiar actividades no  marco das catro accións seguintes: Acción 1: Establecemento de agrupacións de desenrrolo e de cooperación transnacional. Acción 2: Execución dos programas de traballo das agrupacions de desenrolo. Acción 3: Creación de redes temáticas, difusión de boas prácticas e repercusión na política nacional. Acción 4: Asistencia técnica para apoiar as accións 1, 2 e 3. As accións 1 e 2 son consecutivas. Os Estados membros deberían iniciar a acción 3 tan pronto como se poidan difundir resultados. A acción 4 proporcionará apoio antes de que se inicie a acción 1. Existen, ademáis, programas relacionados co que nos ocupa, como son INTERREG III, LEADER + e URBAN.

Acción 1: Establecemento de agrupacions de desenrrolo e de cooperación transnacional: O obxetivo da acción 1 é facilita-la creación ou a consolidación de agrupacions de desenrrolo (AD) estables e efectivas, e garantir que a cooperación transnacional posea un auténtico valor engadido. A autoridade de xestión decidirá o período de tempo dispoñible para esta acción, que polo xeral non deberá supera-los seis meses. En xeral, a Comisión espera que a acción 1 non represente unha parte significativa dos fondos totais dispoñibles para os Estados membros. A selección para a acción 1 será a fase principal de selección para recibir financiación no  marco de EQUAL. Deberá basearse nunha solicitude, presentada conxuntamente por unha serie de organizacións (iniciadoras de AD). En función do área temática e o territorio ou o sector da actuación, as solicitudes deberán identificar os socios que participarán na AD dende o principio; os motivos da asociación, un diagnóstico do problema que se abordará e unha explicación da maneira en que se tenrán en conta as necesidades de tódolos grupos beneficiarios potenciais, os obxetivos da agrupación,  un programa de traballo para a acción 1, a natureza das actividades que teñen previsto realizar na acción 2 e as expectativas da cooperación transnacional.

O final da acción 1, a AD deberá presentar unha estratexia común en forma dun acordo de agrupación de desenrrolo, que deberá incluir como mínimo: unha avaliación da exclusión, a discriminación e a desigualdade no  mercado de traballo na actualidade, dentro do área temática e o territorio ou o sector de que se trate, obxetivos e prioridades de acción, que reflexen o aprendido en accions anteriores relevantes no  territorio ou sector, un programa de traballo detallado acompañado dun orzamento realista, unha clara definición da función de cada socio, incluidas as medidas para dirixir e xestionar a asociación e para administra-la axuda financiera, un mecanismo para a avaliación continua, incluida a presentación de datos e informacións sobre a AD e o análise de resultados, o compromiso da AD para colaborar na acción 3, a estratexia e os mecanismos que posea para poñer en práctica un enfoque de integración do factor igualdade entre homes e mulleres no  conxunto das políticas. En eido  da cooperación transnacional as AD deberán identificar, como mínimo, un socio de outro Estado membro. O final da acción 1, a AD deberá presentar en forma dun acordo de cooperación transnacional:

Acción 2: Ejecución de los programas de trabajo de las agrupaciones de desarrollo: A fin de lograr la confirmación de la selección y recibir una financiación para la ejecución del programa de trabajo a través de la acción 2 de EQUAL, cada agrupación de desarrollo deberá presentar dos documentos, un acuerdo de agrupación de desarrollo y un acuerdo de cooperación Transnacional, que se ajusten a los criterios establecidos para la acción 1. Estos documentos deberán asimismo demostrar que la AD cumple las siguientes condiciones: Transparencia, Capacidad representativa, Espíritu de cooperación.

Acción 3: Creación de redes temáticas, difusión das boas prácticas e repercusión nas políticas nacionais: Existirá unha acción separada para o establecemento de redes, as actividades de difusión e as actividades de transferencia ás políticas xerais no  marco de EQUAL. A participación nesta acción será obligatoria para todas las AD a fin de garantir a xeneralización dos resultados, que é un obxetivo da iniciativa EQUAL. A autoridade de xestión deberá organizar esta acción de maneira que se facilite a máxima repercusión nas políticas de mercado de traballo e emprego, e na mesma deberán participar os interlocutores sociais.

Acción 4: Asistencia técnica: Se prestará asistencia técnica para apoiar a posta en práctica do PIC, que se utilizará, en particular, cos seguintes fins: aconsellar e facilita-la consolidación de agrupacions e a búsqueda de socios transnacionais adecuados para a cooperación (acción 1); recoller, editar e difundir as experiencias e os resultados, incluidos os informes anuais das AD (acción 2); apoiar as redes temáticas, as actividades horizontais de difusión e a creación de mecanismos para lograr unha repercusión nas políticas xerais (acción 3); cooperar na creación de redes europeas e asegurar o intercambio de toda a información pertinente ós demáis Estados membros e a  Comisión.

Repartición das Ads por país e por ámbito temático

 

1A

1B

2C

2D

3E

3F

4G

4H

5

Total

Alemania

46

6

8

8

10

13

5

5

9

110

Austria

29

8

0

16

7

0

0

12

3

75

Bélxica francófona e xermanófona

19

0

5

0

10

0

3

0

1

38

Bélxica neerlandófona

10

1

1

3

3

0

0

1

2

21

Dinamarca

11

0

0

0

4

0

0

4

1

20

España

48

7

25

0

0

24

22

33

1

160

Finlandia

14

5

0

5

0

10

0

2

1

37

Francia

66

22

23

28

35

28

25

0

4

231

Grecia

11

3

6

5

5

5

0

4

1

40

Hungría

5

0

0

0

0

0

0

0

0

5

Irlanda

10

0

3

0

5

0

2

0