SAUDOS DO PRESIDENTE FUNDADOR

Inclusión xa leva traballando 7 anos en prol de tod@s vós, na nosa bontade de seguir mellorando estamos a formar un novo portal co que vos sigades identificando.

A WEB pretende ser eminetemente prática, con esquemas claros e deseño atractivo e actualizada de xeito permanente. Calquera cousa que queiras facer constar ou suxerir, pode ser comentada polo equipo técnico pertinente e incluso completar as informacións que se ofrecen.

Creo que seguindo o índice e visitando as distintas seccións en que se articula esta WEB ou espacio informático, non haberá ningún problema, e se o houbese os técnicos e o persoal da asociación haberían de resolvelo.

A “ASOCIACIÓN INCLUSIÓN” xa é máis difícil de presentar, pero moitos dos visitantes seredes xa membros e poderedes, e deberedes informarvos directamente.

É unha asociación completamente legalizada, estatutos, acordos, ETC. se poden comprobar noutros apartados da WEB. Aúna o traballo dun grupo excelente de investigadores sociais da comunidade galega e persoas interesadas na exclusión social como un problema grave que é e que afecta a nosa sociedade. Tamén gran parte deste equipo humano aparece reflexado nun sitio ou outro deste espacio informático.

Esta WEB serve ademais para dar a coñecer o grupo humano que forma a asociación, os traballos realizados por ésta e en fin, aporta toda a información que consideramos de interese.
Resumindo todos teredes que sacar o máximo proveito do instrumento que a asociación pon a o voso servicio. Voso interese é o noso. Visitade os diferentes apartados, suxerir, crear, na asociación queremos poñer os medios pero ti (e o que ti fagas) é (ou sodes) o importante.

Saúdos e visitade tódolos nosos apartados.

 

 
Angel