|
INCLUSION SUMASE
O GDR19
PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA 15 XULLO DO2008
O programa LEADER 2007 - 2013 introduce cambios
significativos: unha nova distribución
territorial, a posibilidade de subvencionar proxetos agrogandeiros e a
prioridade
cara proxetos produtivos xeradores de emprego e rendas que contribúan
a fixar a
poboación no medio rural.

MIGUEL ANXO FERNANDEZ LORES. ALCALDE
PONTEVEDRES PRESIDIU A MESA DO NOVO GRUPO

ANGEL ALONSO REPRESENTOU A INCLUSION

LUCIANO SOBRAL REPRESENTOU O CONCELLO
DE POIO
 
O GDR que se constitúe xestiona
os fondos do programa Galego de Desenvolvemento Rural
que proven da Unión Europea, o Ministerio de Medio Ambiente e Medio
Rural e Marino e da
propia Xunta de Galicia, ata unha cantidade aproximada de 3 ou4 millóns
de euros.
Estes fondos irían destinados a un programa de axuda específico
do territorio do que poderán
beneficiarse promotoras/es de iniciativas que contribúan o desenvolvemento
rural nas liñas
de actuación que defina o grupo.
Para isto é preciso que o
Grupo se constitúa como asociación na que participen todas
aquelas
entidades interesadas en promover o desenvolvemento sostible do medio
rural dos concellos
que integran o territorio do GDR 19: Barro, Bueu, Campo Lameiro, Cangas,
Cotobade, A Lama,
Marín, Moaña,Poio, Ponte Caldelas, Pontevedra e Vilaboa.
|